A mostra é unha reflexión sobre o papel da muller no mercado laboral. A través da ollada de 42 mulleres de todo o territorio galego, a exposición permítenos explorar oficios tradicionais vinculados á riqueza do mar, ao campo ou ao traballo artesán, algúns deles en risco de desaparecer por mor da falta de relevo xeracional, como é o caso das zoqueiras, cesteiras, enterradoras ou oleiras, entre outros. As imaxes desas profesións tradicionais combínase coas de oficios do presente e do futuro, como o mundo da medicina ou a enxeñaría, que contan cunha crecente vocación feminina.
A exposición "Atlánticas" pódese visitar no Espazo Torrado de Cambados (Pontevedra). Conta con 53 imaxes de diferentes tamaños e seportes.
luns
pechado
dende
26
abril
2024
martes a venres
11:30h a 13:30h
18:00h a 21:00h
ata
15
setembro
2024
sábados
18:00h a 21:00h
domingos e festivos
11:30 a 13:30h