A mostra é unha reflexión sobre o papel da muller no mercado laboral. A través da ollada de 42 mulleres de todo o territorio galego, a exposición permítenos explorar oficios tradicionais vinculados á riqueza do mar, ao campo ou ao traballo artesán, algúns deles en risco de desaparecer por mor da falta de relevo xeracional, como é o caso das zoqueiras, cesteiras, enterradoras ou oleiras, entre outros. As imaxes desas profesións tradicionais combínase coas de oficios do presente e do futuro, como o mundo da medicina ou a enxeñaría, que contan cunha crecente vocación feminina.
A exposición "Atlánticas" pódese visitar na ala sur do Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela). Conta con 50 imaxes de diferentes tamaños e seportes.
dende
30
xullo
2023
ata
05
novembro
2023
luns
pechado
martes a sábado
16:00h a 20:00h
domingos e festivos
11:00h a 14:00h