top of page
PORTADA.png
LOGO.png
Ancla 1

Atlánticas é unha fascinante viaxe  de máis de 3 anos por Galicia a través dos oficios de 42 mulleres. É unha ollada hiperreal e directa ás experiencias vitais de persoas inspiradoras, que escolleron, que deron un xiro á súa vida ou ás que o seu periplo vital levou cara a unha profesión.

A exposición permite explorar oficios tradicionais vinculados coa riqueza do mar galego, cos viñedos e co campo, coa música ou coa xastrería, pero tamén coa vocación de servizo aos demais como unha doutora, unha bombeira forestal, unha enxeñeira ou unha mestra.

Moitos dos traballos que se amosan a través destas mulleres están en risco de perderse pola falta de relevo xeracional como son os de zoqueira, cesteira, peliqueira, enterradora, palilleira, oleira, artesá fabricante de gaitas galegas ou modista de traxes tradicionais o que convirte ás Atlánticas que os desempeñan en auténticos tesouros humanos vivos.

Sen a súa sabedoría moitos destes traballos e os produtos artesáns que xorden das súas mans ou as tradicións que representan non perdurarán.

Outras son profesións de presente e de futuro, traballos aos que cada vez máis as mozas galegas están a dirixir as súas vocacións.

Da combinación de ambas, da tradición a un futuro que xa é presente, xorde Atlánticas.

Esta mostra fai un percorrido por estes oficios e quere render homenaxe ás Atlánticas, ás representadas nas imaxes pero tamén a todas as demais; concienciar sobre o traballo que realizan e facelo visible resaltando todo o bo facer que se extrae das súas mans e tamén da grandeza dunhas mulleres que son quen de transformar a súa experiencia cotiá en resultados extraordinarios.

A través das imaxes destas 42 Atlánticas coñecemos diferentes profesións e xeolocalizámolas no territorio galego, pero nos seus retratos descubrimos tamén as emocións coas que cada unha destas mulleres desempeña a diario o seu oficio.

GANADERA alta.jpg
Ancla 2
bottom of page