
Victoria, Rita e Elena
Peixeiras | Women Fishmongers
Cambados, (Pontevedra)
02/03/2021
Tres xeracións dedicadas á venda do peixe. Avoa, filla e neta que foron herdando un oficio tradicional da costa galega.
Victoria, xa xubilada, foi a pioneira en dedicarse ao oficio de peixeira; e agora son a súa filla Rita e a súa neta Elena as que atenden o posto de venda na praza de abastos de Cambados.
O de peixeira é un oficio de moita tradición en pobos mariñeiros como Cambados, no que hai décadas estas mulleres, moitas delas nenas, agardaban no peirao a que chegaran os barcos co peixe e, despois, percorrían quilómetros camiñando para vender o produto polas aldeas.
Three generations dedicated to the sale of fish. Grandmother, daughter and granddaughter, who inherited a traditional trade of the Galician coast.
Victoria, now retired, was the pioneer in working as a fishmonger; and her daughter Rita and her granddaughter Elena currently attend the stalls in Cambados market.
Female fishmongers are a profession with a long tradition in seafaring towns such as Cambados, where, decades ago, these women, many of them girls, waited on the dock for the boats to arrive with the fish and then walked for kilometres to sell the product in the villages.

